Localizan o corpo dunha muller flotando nun encoro de Ourense

Non había denuncia de desaparición

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 05/09/2020 | Actualizada ás 13:50

Comparte esta noticia

Efectivos de emerxencias recuperaron na mañá deste sábado o corpo dunha muller que foi avistado flotando no encoro ourensán de Velle.

En concreto, o CIAE 112-Galicia tivo constancia deste achado sobre as 10,00 horas deste sábado. Ata a zona, nas proximidades da presa hidroeléctrica, desprazáronse efectivos de Policía Nacional, Protección Civil e Bombeiros de Ourense, que recuperaron o corpo da muller da auga.

Fontes policiais precisaron que o cadáver é o dunha muller de 53 anos, da que non consta denuncia de desaparición. O corpo non presenta signos de violencia, pero seralle practicada a autopsia para aclarar o sucedido.

O Miño no encoro de Velle, cheo por mor dos temporais
O Miño no encoro de Velle, cheo por mor dos temporais

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta