As vivendas de uso turístico "esquivan" a crise da Covid

Alcanzaron unha ocupación do 82% na segunda metade de agosto, igual que o pasado ano.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/09/2020 | Actualizada ás 15:51

Comparte esta noticia

As vivendas de uso turístico rexistraron na segunda quincena de agosto porcentaxes de ocupación similares aos do verán pasado, en torno ao 82%, e lixeiramente inferior ao dato da primeira metade do mes, no que este tipo de aloxamentos colgou o cartel de 'completo'.

Así o explicaron desde a Asociación de propietarios de Vivendas Turísticas de Galicia (Aviturga), que lembran que é un patrón habitual o rexistrar un descenso na ocupación ao final de agosto que, neste caso, viuse tamén afectado polo mal tempo e "polos sucesivos brotes" de covid-19.

Cos datos de xullo e agosto, Aviturga considera que as vivendas de uso turístico de Galicia "esquivaron os efectos da covid-19" e que Galicia consolidou " a súa imaxe de destino seguro e non masificado". Foron os municipios de Pontevedra os que rexistraron mellores datos.

En concreto, Rías Baixas logrou unha ocupación do 81% durante os últimos 15 días de agosto e aloxamentos situados en Sanxenxo, Illa de Arousa, A Guarda, Bueu, Cangas, Baiona, Cambados, Poio, Nigrán, O Grove, Silleda, A Estrada ou Campo Lameiro colgaron o cartel de 'completo'. Vilagarcía de Arousa, Redondela, Nigrán, Caldas de Reis, Porriño e Vilaboa alcanzaron o 78%, mentres que as cidades de Pontevedra e Vigo quedaron ao 75%.

A Coruña foi a segunda provincia galega con maior porcentaxe de ocupación en vivendas de uso turístico durante a segunda quincena de agosto, cun balance de ocupación do 81%. A Pobra do Caramiñal, Camariñas, Muros, Miño, Carballo, Ares, Corcubión, Carnota e Cee roldaron o 81%, mentres que Ares, Fisterra, Noia ou Rianxo situáronse no 77%. As dúas cidades da provincia, Santiago de Compostela e A Coruña, rexistraron un 80%.

A provincia de Lugo, indica Aviturga, mantivo unha ocupación do 75% e destinos da provincia de Ourense como Ribadavia, Castro Caldelas ou Toén superaron o 80%, mentres que Ourense cidade roldou o 79%.

TIPOLOXÍA

En canto á tipoloxía de vivenda máis demandada, a tendencia é idéntica á de xullo, e á da primeira quincena de agosto, logrando un maior índice de reservas aquelas que pon a disposición dos seus hóspedes un xardín, unha piscina ou outras prestacións de lecer sen necesidade de saír da propiedade.

A estancia media dos viaxeiros en destinos turísticos tradicionais nesta segunda quincena de agosto foi inferior á da primeira, limitándose a 5 días, mentres que nas vivendas illadas prolongouse ata os 7 días.

Vivenda de uso turístico. Foto: Cancelinha
Vivenda de uso turístico. Foto: Cancelinha

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 nostrus

Coñezo o lugar da foto situada na aldea de Tuiriz a cuatro kilómetros de Escairon e a dez de Monforte. Merece a pena visitar o sitio

1 Cancelinha

Para coñecer a nosa vivenda de uso turístico e a zona na que atopa en plena Ribeira Sacra, visita a web: www.fogardopumar.gal

1 nostrus

Noraboa Tania, saes moi ben na foto.

1 Cancelinha

Graziñas Nostrus. Aloxádevos nas Vivendas de auso turístico das aldeas como a miña: Fogar do Pumar. Contribúe á economía local. Unha aperta.