Esquerda Unida ve "con preocupación" o protocolo de transporte escolar

Pide "acordalo" coa comunidade educativa.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/09/2020 | Actualizada ás 18:29

Comparte esta noticia

Esquerda Unida ve "con preocupación" as medidas de prevención ante o coronavirus no transporte escolar anunciadas pola Xunta esta semana, porque "dificulta" o mantemento dos chamados 'grupos burbulla' de convivencia nos colexios, e reclama que se aprobe co "consenso" coa comunidade educativa.

A través dun comunicado, EU sinala que a Consellería de Educación, que afirma que a máscara será obrigatoria para os maiores de seis anos e que cada alumno terá un asento asignado no transporte, "non explica como se vai a procurar a colocación próxima dos menores que pertenzan ao mesmo 'grupo burbulla'".

"E o que é máis preocupante, non establece ningunha medida para o transporte escolar compartido con adultos", engade a formación, que lembra que a convivencia dos nenos con persoas alleas ao ámbito educativo "alteraría a eficiencia" deses grupos de convivencia estable como medida de prevención ante contaxios.

Ademais, Esquerda Unida afea ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que se mostre "en desacordo coa repartición dos fondos que o Estado asigna ás comunidades" en materia de educación e que pida "máis dotación" para o transporte escolar, a pesar de que, "como é xa habitual na súa xestión, a comunidade educativa descoñece como se vai a xestionar".

Estudantes nun autobús escolar
Estudantes nun autobús escolar

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta