Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/09/2020 | Actualizada ás 13:53
Cinco mortes en Galicia nas últimas horas en distintos sucesos, entre accidentes e sucesos insesperados, fan que sexa unha xornada negra.
Así, un motorista de 29 anos de idade faleceu na mañá deste domingo en Cerdedo-Cotobade ao impactar contra un poste despois de sufrir unha saída de vía, segundo informou a Garda Civil de Pontevedra.
Tamén pasada ás 13.00 horas deste domingo coñecíase a morte doutra persoa en Culleredo. O corpo apareceu preto da ponte romana na ría do Burgo, sen que polo momento se saiban os motivos do seu falecemento. Precisamente, desde este mediodía activarase unha petición de busca dun veciño moi coñecido do Temple,que fora pasear e non regresara ao seu domicilio.
Un feito moi semellante tivo lugar en Vigo a última hora do sábado onde unha persoa particular alertaba ao 112 de que acababa de atopar a unha persoa tirada no chan nun recinto da rúa Ribadavia.
ACCIDENTES NUN PORTO E NUNHA PRAIA
Tamén a últimas horas do sábado se daban a coñecer dúas mortes máis. a dun home de 38 anos morreu esmagado por unha embarcación que realizaba manobras de atracada no porto deportivo de Moaña. O falecido formaba parte da tripulación do barco e atopábase en terra para axudar na aproximación ao porto, segundo fontes das forzas de seguridade consultadas por Europa Press.
Ademais, un home de 80 anos falecía nun areal do municipio pontevedrés do Grove, segundo informou o CIAE 112 Galicia. Os servizos de emerxencia recibiron un aviso ao redor das 19,30 horas do sábado no que se indicaba que tres persoas trataban de rescatar da auga a un home na praia de Confín.
ACCIDENTE EN BRIÓN
Por outra banda, un home tivo que ser liberado e trasladado a un centro hospitalario na tarde do sábado ao caerlle unha árbore encima e resultar ferido mentres observaba como o seu fillo traballaba. Os feitos tiveron lugar en Cristimil, na parroquia de Luaña.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.