Animalistas propoñen á Xunta outorgar axudas directas a familias para a esterilización das súas mascotas

Din que evitaría que nazan "máis de 20.000" exemplares "no próximos tres anos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/09/2020 | Actualizada ás 13:19

Comparte esta noticia

A asociación animalista Libera defende que a Xunta lance liñas de axudas directas a familias que cubran unha porcentaxe do custo da esterilización das súas mascotas, como unha "iniciativa básica para previr o abandono e o comercio irregular".

A través dun comunicado, a ONG alerta de que nas últimas semanas "decenas" de camadas de gatos e cans cachorros foron "deixados á súa sorte en toda clase de lugares", polo que considera que esta medida sería "fundamental" para acabar con estas prácticas.

Neste sentido, Libera pon como exemplo unha decisión recente do municipio portugués de Braga --reembolsará entre 55 e 15 euros por esterilización, en función da especie e do sexo-- e reclama que o Goberno galego poña a disposición das cidadáns iniciativas similares, xa que cada unha destas operacións "evita unha vintena de crías en diferentes camadas como mínimo".

Isto evitaría, segundo estimacións dos animalistas, que nazan "máis de 20.000" exemplares "no próximos tres anos", o que axudaría a diminuír non só o gasto público en futuros contratos de recollida, senón tamén os casos de malos tratos e abandono.

Unha persoa pasea a tres cans
Unha persoa pasea a tres cans | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta