Reaccións cambios Xunta: Pontón di que nada valen" novos conselleiros se non hai "novas políticas"

Gonzalo Caballero di que Feijóo "recoñece o fracaso" en educación e sanidade. Os sindicatos destacan o perfil "dialogante" dos novos conselleiros de Educación e sanidade. A Confederación de Empresarios de Galicia celebra que o novo equipo da Xunta sexa "xente coñecida que demostrou unha boa xestión".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/09/2020 | Actualizada ás 17:56

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, considera que as substitucións nas carteiras de Sanidade e Educación son o "recoñecemento do fracaso" por parte do presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, nas competencias "principais" da Administración autonómica.

Nun comunicado emitido tras coñecerse a composición do novo goberno que acompañará a Núñez Feijóo, do que saen os ata agora conselleiros de Educación e Sanidade, o líder dos socialistas considera que os cambios "non poden limitarse ás caras" senón que teñen que supor "novas políticas" para conformar servizos públicos "fortes".

Neste sentido, empraza ao novo equipo que dirixirá Eduación, que volve asumir Román Rodríguez nunha carteira unida ás competencias en Cultura, a elaborar unha planificación que permita arrincar o curso escolar "con garantías". Así mesmo, o PSdeG interpreta a creación dunha Vicepresidencia Económica como unha "perda de peso" do ata agora único vicepresidente, Alfonso Rueda. Para Caballero, a decisión de Feijóo reflicte "o fracaso" de Rueda na coordinación ao longo desta crise.

Ana Pontón
Ana Pontón

SINDICATOS

Profesionais sanitarios e sindicatos avalan o "perfil" do novo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, de quen destacan a capacidade "de diálogo" acreditada á fronte das áreas sanitarias de Ourense e Vigo. Con todo, tamén coinciden en que máis aló de nomes, os "cambios" no departamento de Sanidade deben pasar polas "ideas" e as "estruturas" para acometer reformas nunha sanidade pública que require "ambiación".

Tamén os secretarios xerais de UGT, CC.OO. e a CIG coincidiron en valorar como positivo que no novo gabinete da Xunta haxa un departamento propio para os asuntos de traballo e chamaron ao diálogo e ao entendemento entre os partidos políticos, o Goberno galego e os axentes sociais.

Neste sentido, os sindicatos con representación na Mesa Sectorial de Educación --CIG, CC.OO., UGT e ANPE-- coinciden en sinalar a "experiencia" do recentemente renombrado conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, xa que xa se ocupou desta mesma carteira entre 2015 e 2018.

Ademais, parte das organizacións destacan a súa maior "capacidade de diálogo" no seu anterior período fronte ao unánime "mal sabor de boca" que deixou a conselleira saínte, Carmen Pomar, nos menos de dous anos que permaneceu no cargo.

EMPRESARIOS

O portavoz da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Antonio Fontenla, celebrou que o novo equipo estea integrado por "xente coñecida que demostrou unha boa xestión" e destacou que se separaron os asuntos de emprego nunha consellería propia, posto que este ámbito é "moi importante" neste momento.

En declaracións a Europa Press, Fontenla considerou "moi positivo" que Francisco Conde vaia a dirixir unha das dúas vicepresidencias que pasa a ter o goberno galego, coas competencias en economía, empresas e innovación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta