Tres novos brotes en Ourense e Verín suman 11 afectados

En toda a provincia hai seis gromos en distintos concellos.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 06/09/2020 | Actualizada ás 20:34

Comparte esta noticia

As autoridades sanitarias detectaron este domingo dous novos brotes na cidade de Ourense, que afectan a tres persoas cada un, e un máis en Verín, no que hai cinco positivos confirmados. O tres son de carácter familiar.

Fontes da área sanitaria explicaron que un dos brotes de Ourense afecta a un home e unha muller de 35 anos e a un menor, mentres que no outro deron positivo tres mulleres de 56, 57 e 23 anos. No caso de Verín, este en este foco infectáronse un home de 37 anos, tres mulleres de 18, 36 e 18 e un menor de idade.

En canto aos brotes que xa se coñecían, no do barrio de Mariñamansa o total de contaxiados sobe a 30, tras detectarse un novo positivo, o dunha muller de 42 anos. Outros dous brotes de orixe social na cidade de Ourense soben e un deles pasa de cinco a sete casos e o outro, de tres a cinco. En total, estes dous focos suman na actualidade 12 infectados.

Os brotes agrupados tamén na capital da provincia suman un novo caso e sitúanse en 17, tras ser diagnosticado un home de 78 anos. Dous das persoas afectadas atópanse ingresadas.

En Riós hai 11 contaxiados, de acordo cos datos deste domingo, que agregan tres novos positivos: unha muller de 79 anos, un home da mesma idade e un menor.

Por último, en Avión confirmouse outro caso máis (un home de 64 anos) e o brote que rexistraba a localidade sobe a 11 persoas. En todos os casos, apuntan fontes da área sanitaria continúa activo o seguimento dos contactos estreitos das persoas que deron positivo.

Persoal da Residencia de maiores A Milagrosa sae do xeriátrico onde se está realizando un cribado para descartar a existencia de casos de coronavirus entre os usuarios e os traballadores da mesma, en Lugo, Galicia (España). Carlos Castro - Europa Press
Persoal da Residencia de maiores A Milagrosa sae do xeriátrico onde se está realizando un cribado para descartar a existencia de casos de coronavirus entre os usuarios e os traballadores da mesma, en Lugo, Galicia (España). Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta