Morre outro ciclista de 72 anos ao chocar cun coche en Maceda

O accidente tivo lugar ao incorporarse o ciclista a unha vía principal.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 07/09/2020 | Actualizada ás 09:55

Comparte esta noticia

Un home de 72 anos que ía en bicicleta faleceu en Maceda tras chocar cun vehículo ao meterse nunha vía principal, informou a Garda Civil, que indicou que o accidente se produciu o domingo cara ás 20,00 horas.

O sinistro rexistrouse no quilómetro 2,300 da estrada OU-103, entre Maceda e Os Milagres do Medo, en sentido Maceda, á altura da poboación de Foncuberta.

De acordo coas mesmas fontes, houbo unha colisión tras a "irrupción" do ciclista, un home de 72 anos veciño da localidade na que se produciu o accidente. A condutora do turismo resultou ilesa e deu negativo nas probas de alcol e drogas. Trátase dunha ruta protexida para ciclistas, apuntou a Garda Civil.

Sinais advertindo da presenza de ciclistas nas estradas
Sinais advertindo da presenza de ciclistas nas estradas | Fonte: J.C.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta