Un home de 90 anos en Santiago eleva os falecementos a 662 en Galicia

Nas últimas horas do domingo rexistráronse outras dúas vítimas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/09/2020 | Actualizada ás 12:08

Comparte esta noticia

A morte dun home de 90 anos con covid-19 que estaba ingresado no Complexo Universitario Hospitalario de Santiago (CHUS) eleva a 662 o total de falecementos na Comunidade desde que se declarou a pandemia.

A Consellería de Sanidade informa o falecemento no parte remitido este luns, para o que se toman os datos da tarde do domingo. O home presentaba patoloxías previas, indica.

As mortes con covid-19 foron subindo nas últimas semanas, co aumento dos brotes e os contaxios na Comunidade galega. Desde a 'nova normalidade' notificáronse un total de 43 decesos, o primeiro deles, o dunha muller o pasado 7 de agosto en Ourense. Antes diso, a comunidade encadeara case dous meses --desde o 10 de xuño-- sen falecementos.

Un profesional sanitario baixa da ambulancia na que viaxa un paciente con Covid-19. Carlos Castro - Europa Press
Un profesional sanitario baixa da ambulancia na que viaxa un paciente con Covid-19. Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta