Críticas a Feijóo por renovar a Consellería de Educación "a 4 días do comezo do curso"

Usuarios de redes cargan contra o presidente por facer "borrón e conta nova" e tiran as súas conclusións: "a xestión da pandemia estaba en mans dun incompetente".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/09/2020 | Actualizada ás 16:05

Comparte esta noticia

Sucédense as reaccións ante a conformación do novo goberno de Núñez Feijóo. Na tarde do domingo o presidente da Xunta fixo público que deixaría de contar cos que ata agora foran os principais responsables da loita contra a pandemia: os conselleiros de Sanidade de Educación.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a conselleira de Educación, Carmen Pomar, na reunión do comité clínico. XUNTA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a conselleira de Educación, Carmen Pomar, na reunión do comité clínico. XUNTA | Fonte: ANA VARELA

Feijóo anunciaba así o reemprazo dos dous artífices directos do protocolo para o regreso ás aulas, que nos últimos meses leva recibindo duras críticas por parte de oposición, sindicatos e comunidade docente. O relevo a mans de Núñez Feijóo implicará que o curso vindeiro será asumido por uns novos conselleiros, feito que, tendo en conta a proximidade do escolar, vén de levantar as críticas e rexeitamento das redes sociais.

De xeito paralelo, os usuarios tiraron as súas propias conclusións a respecto do relevo de Almuíña, que -segundo se fixo público na mañá deste luns- pediu el mesmo non continuar á fronte da Consellería.

Tampouco faltou quen botou man do humor para criticar a actuación de ambos conselleiros nos últimos meses, coincidindo coa xestión da pandemia e o regreso ás aulas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta