Entidades sociais e residencias da Coruña recibirán máis de 200.000 unidades de material de protección

Enviáronse máscaras, luvas, botes de xel hidroalcohólico ou garrafas de líquido desinfectante, tendo en conta as peticións realizadas polos propios centros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/09/2020 | Actualizada ás 15:01

Comparte esta noticia

A Xunta fixo efectivo un novo envío de material de protección fronte á COVID-19 para as residencias e entidades sociais, unha partida de algo máis de 200.000 unidades que, nesta ocasión, irán tamén para escolas infantís e centros sociocomunitarios da provincia da Coruña.

En concreto, enviáronse máscaras, luvas, botes de xel hidroalcohólico ou garrafas de líquido desinfectante, tendo en conta as peticións realizadas polos propios centros.

Así, os da comarca de Santiago recibiron 30.250 máscaras e 22.000 luvas, mentres que a da área de Ferrol recibiron 24.312 máscaras e 19.400 luvas. Entre os centros da comarca da Coruña repartiranse 52.600 máscaras e 34.900 luvas.

Pola súa banda, a Xunta distribuíu neste envío para os centros da comarca de Bergantiños 5.500 máscaras de protección e 2.400 luvas; e para os da Barbanza 7.200 máscaras e 5.800 luvas.

Material de protección. XUNTA
Material de protección. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta