Temas: A CORUñA

O Concello da Coruña asina un convenio para fomentar a mediación de cara a resolución de conflitos

O obxectivo é sentar as bases para a creación de accións municipais mediante a creación dun servizo que facilite a actuación municipal grazas á mediación.

Por E.P. | A CORUÑA | 07/09/2020 | Actualizada ás 18:20

Comparte esta noticia

O concelleiro da Coruña de Economía, Facenda e Réxime Interior, José Manuel Lage Tuñas, e a presidenta do Círculo de Mediación de Galicia, Mercedes Sierra, subscribiron un convenio de colaboración polo que o consistorio achegará 15.000 euros para contribuír á difusión e formación en mediación na cidade en distintos ámbitos.

"A difusión da cultura da mediación terá efectos moi positivos e vai coa idea global do goberno --local-- de defensa do diálogo e a procura de acordos", subliñou Lage Tuñas.

Pola súa banda, Mercedes Sierra mostrou a súa satisfacción pola posibilidade que outorga o convenio de difundir os valores da mediación. "Aforra tempo e disgutos", expuxo.

O obxectivo do convenio é "sentar as bases para facilitar accións municipais mediante a difusión, o coñecemento, a formación e a capacitación das persoas partícipes e destinatarias dun futuro servizo que facilite a actuación municipal a través de mediación", indica o texto do acordo.

O concelleiro da Coruña de Economía, José Manuel Lage, e a presidenta do Círculo de Mediación de Galicia, Mercedes Sierra, asinan un convenio de colaboración. ANDY PEREZ
O concelleiro da Coruña de Economía, José Manuel Lage, e a presidenta do Círculo de Mediación de Galicia, Mercedes Sierra, asinan un convenio de colaboración. ANDY PEREZ | Fonte: Europa Press

Temas: A CORUñA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta