Novo accidente na Illa dunha lancha que chocou contra unha batea

O tripulante resultou ferido leve tras envorcar a embarcación.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 08/09/2020 | Actualizada ás 10:17

Comparte esta noticia

O tripulante dunha lancha foi evacuado ao Hospital do Salnés ao resultar ferido leve tras chocar a embarcación contra unha batea na Illa de Arousa, concretamente no peirao do Campo.

Segundo informa o 112, os feitos ocorreron pasada a medianoite entre o luns e o martes, tal e como indicou a persoa particular que se puxo en contacto coa central de emerxencias para pedir asistencia médica para o afectado.

No entanto, as lesións parecían "de escasa importancia", segundo sinalou o particular, e a embarcación fora recollida coa axuda doutras persoas.

Así, aínda que o 112 Galicia contactou con Salvamento Marítimo, descartouse a necesidade de enviar medios de rescate debido a que a lancha xa fora remolcada e o ferido xa estaba a ser atendido por profesionais do 061, que posteriormente o trasladaron ao Hospital do Salnés. Ata o lugar acudiron tamén os axentes da Garda Civil e voluntarios de Protección Civil do municipio de Cambados.

Batea de mexillón
Batea de mexillón | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Hai pouco máis dunha semana outro accidente similar acabou cun mozo morto e outra persoa ferida, tamén na Illa cando volvían de apañar ameixa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta