O Sergas publica as puntuacións das oposicións a médica de familia, pediatra e odontólogo

Uns 5.000 aspirantes superaron as probas. Está previsto que proximamente se publiquen as puntuacións provisionais da fase de concurso.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/09/2020 | Actualizada ás 12:36

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe as puntuacións definitivas obtidas polos aspirantes presentados nas oposicións do Sergas. As probas, que contemplan case 1.500 prazas para 11 categorías -entre eles médico de familia, pediatra e odontólogo- foron superadas por 4.953 aspirantes.

Exame. XUNTA
Exame. XUNTA

Segundo destaca o organismo dependente da Consellería de Sanidade, a publicación desta información deixa finalizada a fase de oposición para o acceso á condición de persoal estatutario fixo destas categorías. Está previsto que proximamente sexan publicadas as puntuacións provisionais da fase de concurso destes procesos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta