Galicia contra a "Damnatio Memoriae", a práctica romana de mandar aos políticos ao ostracismo

O xefe do Lexislativo pide acordo e "exemplaridade" para cambiar a "espiral autodestrutiva" da política

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/09/2020 | Actualizada ás 13:16

Comparte esta noticia

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, fixo un chamamento aos deputados que sentarán no hemiciclo galego nesta XI Lexislatura para dedicar "polo menos tanto esforzo a forxar acordos como a escenificar as diferenzas", algo que, baixo o seu punto de vista, a cidadanía "pide a berros".

"Sería unha irresponsabilidade non escoitar esa demanda reiterada", sentenciou Santalices, na declaración institucional que leu con motivo da sesión solemne de apertura desta lexislatura ante os 75 deputados que sentan na Cámara --42 do PPdeG, 19 do BNG e 14 do PSdeG--. Á sesión acudiron o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, e os conselleiros.

Santalices tamén situou a "exemplaridade" como "esixencia ineludible" dos cargos públicos, tanto "no exercicio das responsabiliades" que lles foron encomendaddas como no seu proceder cotián "no ámbito privado".

E rememorou que na antiga Roma, o xuízo póstumo dunha personalidade pública, en concreto o dos emperadores, podíanse acabar impondo castigos como a 'Damnatio memoriae', que implicaba a condena ao esquecemento; ou recoñecementos como a 'Apotheosis', que divinizaba ao homenaxeado, polos seus logros en vida.

"Infelizmente, na política contemporánea abundan máis os primeiros casos que os segundos. Cambiar esa tendencia é unha responsabilidade compartida e tamén unha necesidade imperiosa, non tanto para preservar o bo nome duns ou doutros, senón para cambiar o rumbo da espiral autoestructiva na que, ás veces, estamos instalados a política e os políticos", advertiu.

"Superar á crise de credibilidade da política e das institucións --crises, certamente, menos acentuada en Galicia que na nosa contorna-- esixe unha resposta contundente e continuada por parte de todos", agregou.

Sesión solemne de apertura do XI Lexislatura.
Sesión solemne de apertura do XI Lexislatura. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Sen dúbida é preciso chegar a acordos con URXENCIA e penso que é o momento de facer VISIBLE o invisible, é momento da política con maiusculas e de chegar á xente que está morta de medo e tirada no camiño sen solución de FUTURO ! Non sería mala cousa impulsar unha Renda Mínima Incondicional UNIVERSAL (?) https://twitter.com/00Gamela/status... Está nas nosas mans...