Celanova homenaxea ás vítimas en residencias entre o "medo" polos novos focos

A plataforma REDE destaca unha maior "sintonía" coa residencia: "temos que arrrimar o ombro e estar unidos".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2020 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

Nin a hora nin o dían serán casualidade. Todo está medido na homenaxe que terá que lugar na Praza Maior de Celanova para honrar ás vítimas de covid na residencia da localidade. Será ás 11 da mañá do venres 11 porque ese foron o número de persoas falecidas no gromo do centro San Carlos, situado na vila ourensana.

Unha persoa asómase pola xanela da residencia de maiores DomusVi de Outeiro de Rei en Lugo, Galicia (España).. Carlos Castro - Europa Press
Unha persoa asómase pola xanela da residencia de maiores DomusVi de Outeiro de Rei en Lugo, Galicia (España).. Carlos Castro - Europa Press

A concentración deste venres será especialmente significativa porque, como explica a integrantes da plataforma REDE María Rodríguez, supoñerá xa seis meses do momento no que a OMS declarou a pandemia por covid. Por riba, o acto deste mes -o pasado agosto foi semellante outro semellante- terá lugar nun contexto de crecente alarma entre as familias, ante o aumento de casos activos en residencias e o regreso dos falecementos.

"MAIOR SINTONÍA" ENTRE PARTES

Con todo, e segundo explica Rodríguez, o clima de "tensión" vivido entre familiares, residencias e administración nos últimos meses está a dar paso a unha nova etapa de entendemento vista con optimismo dende a asociación. "Hai unha maior sintonía", destaca a integrantes de REDE, que chama a "arrimar o ombro e estar unidos" para facer fronte á situacion.

Neste aspecto, cómpre destacar que a convocatoria da concentración deste venres inclúe tanto ós familiares de internos coma ós propios traballadores da residencia. "Debemos poñernos no seu lugar para entender o que atravesaron", destaca Rodríguez. A integrante de REDE, con todo, non oculta que no centro "seguen a faltar reforzos de enfermaría e mamparas" para garantir a seguridade. Con todo, agardan que estas carencias sexan solucionadas coa participación do Concello na residencia, que abranguería tanto a xestión como o financiamento parciais do centro grazas á renovada "sintonía" dos grupos municipais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta