O Movemento Galego da Saúde Mental pide maior implicación das institucións contra o suicidio

O Movemento considera que o Plan Galego de Prevención do Suicidio aprobado en 2017 é "un documento de boas intencións pero inoperante".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2020 | Actualizada ás 20:14

Comparte esta noticia

Movemento Galego da Saúde Mental demandou a implicación "sen escatimar recursos" das institucións para facer fronte a unha problemática que afecta "a toda a sociedade" como é o suicidio.

Este mércores, en véspera do Día mundial para a prevención do suicidio que ten lugar cada 10 de setembro, o colectivo lembra que a asemblea da Organización Mundial da Saúde (OMS) instou á comunidade internacional a comprometerse con "estratexias nacionais multisectoriais" para reducir a taxa de suicidios nun 10% para este ano 2020.

Todo iso co obxectivo de consolidar unha tendencia decreciente no número de suicidios, unha problemática que a Xunta "tardou anos en recoñecer" como "unha urxencia" á hora de elaborar un plan de prevención do suicidio acompañado dunha estratexia de saúde mental.

Así, Movemento Galego da Saúde Mental considera que o Plan Galego de Prevención do Suicidio aprobado en 2017 é "un documento de boas intencións pero inoperante" ao carecer de cronograma, orzamento asigando, responsables técnicos e unha avaliación regular que sirva para planificar.

Deste xeito, a entidade lamenta que a Xunta se limite a "anunciar" e "prometer" mentres o número de mortes por suicidio creceu ata as 318 no ano 2019, 30 máis que o ano pasado.

Así as cousas, apela a "non resignarse" ante esta "dura realidade" e insta á sociedade a esixir ao Goberno galego a posta marcha de medidas que sirvan para reducir o número de mortes por suicidio.

Acto do Movemento Galego da Saúde Mental no Obradoiro
Acto do Movemento Galego da Saúde Mental no Obradoiro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta