Os bombeiros de Santiago liberan unha nena que quedou atrapada nunha randeeira

Un home resultou ferido de gravidade na Merca ao sufrir un accidente coa motoserra que manexaba, que lle provocou un corte que requiriu a intervención do helicóptero medicalizado do 061 con base en Ourense.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2020 | Actualizada ás 19:52

Comparte esta noticia

Os bombeiros de Santiago liberaron a unha nena que resultou atrapada nunha randeeira dun parque da capital galega situado nas proximidades da avenida Xoán XXIII.

O incidente tivo lugar ao fío das 13,00 horas no Parque Xixón. As persoas que estaban no lugar eran incapaces de liberar á pequena, que estaba atrapada por unha perna, polo que deron a voz de aviso á central do 112.

Mobilizados polo CIAE 112 Galicia, os bombeiros procederon a liberar á nena, que foi atendida no lugar por un equipo de Urxencias Sanitarias 061.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros

ACCIDENTE NA MERCA

Un home resultou ferido de gravidade na Merca ao sufrir un accidente coa motoserra que manexaba, que lle provocou un corte que requiriu a intervención do helicóptero medicalizado do 061 con base en Ourense.

Segundo detalla o CIAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar ao redor das 13,00 horas deste mércores no municipio ourensán mentres o home realizaba traballos coa máquina.

Por outra banda, tamén este mércores, un veciño de Vilariño de Conso resultou ferido ao envorcar co tractor agrícola que conducía a estrada que une os concellos de Vilariño e Trives á altura do lugar de San Cristovo.

O sinistro, rexistrado ás 17,00 horas, motivou o desprazamento dunha dotación de Urxencias Sanitarias 061 para atender á vítima, que foi trasladada en helicóptero ao CHUO.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta