Alagadas varias salas dos xulgados de Santiago pola rotura dunha tubaxe

A Xunta asegura que xa se están realizando os arranxos e prevé que a maior parte das actuacións estean finalizadas este xoves.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/09/2020 | Actualizada ás 11:58

Comparte esta noticia

A rotura dunha tubaxe provocou filtracións de auga nos Xulgados de Fontiñas, en Santiago de Compostela, e afectou a varias dependencias, ademais de obrigar a trasladar varios xuízos previstos para esta xornada. Fontes sindicais informaron a Europa Press de que varias dependencias amenceran "alagadas" por mor da rotura dunha tubaxe no sistema de refrixeración que --aseguraron-- "aínda non ten un ano".

Pola súa banda, Vicepresidencia remitiu un comunicado no que asegura que traballa xa para "atallar de forma inmediata as filtracións rexistradas" provocadas --remarcan-- por unha rotura "dunha bajante do edificio". A previsión é que a maior parte das actuacións estean finalizadas ao longo do día.

TRASLADO DE XUÍZOS

As filtracións afectaron a varias dependencias do inmoble, entre elas varias salas de vistas e despachos. Por iso, para os xuízos previstos este xoves nas salas de vistas afectadas buscouse unha localización alternativa noutras dispoñibles no edificio xudicial.

A Xunta suliña que, en canto tívose coñecemento da incidencia, enviou "de forma inmediata" a operarios ao Xulgado de Fontiñas para levar a cabo os arranxos e actuacións necesarias coas que "garantir a seguridade dos traballadores e usuarios do edificio". Ademais, deu instrucións á empresa adxudicataria do servizo de limpeza para adecuar as zonas alagadas. A Xunta tamén está a elaborar un informe de avaliación das incidencias.

Dependencias dos xulgados de Santiago afectados as filtracións de auga.. UXT
Dependencias dos xulgados de Santiago afectados as filtracións de auga.. UXT | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta