Os galegos firmaron en agosto preto de 60.000 contratos temporais, un 32,6% menos que en xullo

Segundo Randstad, esta caída é 5,8 puntos porcentuales máis acusada que a media do Estado.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/09/2020 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

En Galicia asináronse 59.240 contratos temporais en agosto, un 32,6% menos que en xullo, cando se rexistraron 87.866. Esta caída é 5,8 puntos porcentuais máis acusada que a media nacional (-26,8%). O volume de contratación rexistrado en Galicia supón o 5,8% do total do país, segundo indica Randstad.

Camareiro traballando
Camareiro traballando

A nivel provincial, A Coruña foi a que rexistrou a maior caída na contratación temporal (-35,1%), seguida por Lugo (-33,6%), Ourense (-32,8%) e Pontevedra (-29,7%). 

No conxunto do país, a contratación temporal reduciuse nun 26,8% en agosto con respecto a xullo tras tres meses consecutivos de incrementos de dous díxitos. Aínda así, o volume de contratos temporais mantense por encima do millón, concretamente 1.022.388, tras o acusado descenso experimentado nos meses de abril e maio.

EVOLUCIÓN DA CONTRATACIÓN TEMPORAL

Hai un ano, en agosto de 2019, asináronse 1.396.777 contratos temporais, experimentando tamén un relevante descenso do 29,9% con respecto ao mes anterior. Foi unha caída mesmo maior que a actual, o que indica que o descenso da contratación temporal en agosto é recorrente.

Randstad destaca que Canarias (-47,3%) e Baleares (-41,3%), comunidades onde o turismo ten un peso fundamental, rexistraron as maiores caídas do país en contratación temporal.

AGRICULTURA E CONSTRUCIÓN AGUANTAN

O estudo de Randstad tivo en conta aspectos como o sector no que profesional desenvolve a súa actividade. Así, destaca que a agricultura, cun descenso do 3,8%, e o da construción, cun 4,9%, son os sectores que rexistraron as caídas máis moderadas da contratación temporal neste mes de agosto con respecto a xullo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta