Nace unha plataforma para pedir á TVG que volva emitir debuxos animados en galego

"Quero que a miña filla teña un recordo da infancia en lingua galega", explica o promotor.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/09/2020 | Actualizada ás 22:15

Comparte esta noticia

Gatocán, Doraemon o Gato Cósmico, a abella Maia ou o inolvidable Dragon Ball Z. Foron moitos os debuxos animados que pasaron polo Xabarín nos seus anos de gloria, e moitos os rapaces dunha xeración que medraron escoitando a heroes e villanos falar en galego. O xabarín foi unha oportunidade para a normalización lingüística que hoxe un tuiteiro anónimo se implica en recuperar para a CRTVG.

Xabarín club
Xabarín club | Fonte: CRTVG

"Quero que a miña filla teña un recordo da infancia en galego", destaca nun chío que resume o sentido xeral da conta, iniciada a comezos deste mes de setembro.

Porén, e máis alá do simple entretemento, o autor da iniciativa reflexiona sobre o papel do Xabarín á hora de transmitir ó galego ás novas xeracións.

Neste aspecto, critica que a programación actual da TVG non dea pé ó consumo de adolescentes e rapaces en galego.

Ante esta circunstancia, insta á CRTVG a reformular a súa grella de programas pensando nos máis pequenos... e na lingua.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

1 Atlante

Creo que a FORTA era quen mercaba os contidos e dispóis cada tv autonómica adaptaba o debuxo animado á súa lingua orixinal. Pra min dous deles foron os máis importantes: A Bola do Dragón, e o fugaz Conan o neno do Futuro (ouro en pano). Os presupostos non darán pra moito, supoño que terán que escoller entre cine extranxeiro pra adultos ou boas series animadas (que non abondan)...pero que habelas hainas