Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 10/09/2020 | Actualizada ás 19:51
Un novo falecido confirmado nas últimas horas elevou o número de mortes por mor da COVID-19 a 673 en Galicia desde o comezo da pandemia. En concreto, segundo trasladaron desde a Consellería de Sanidade, trátase dun home de 73 anos que estaba ingresado no Hospital Polusa de Lugo e que presentaba patoloxías previas.
Este xoves tamén se informou do falecemento dunha muller de 78 anos con covid-19 que se atopaba ingresada no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
No día de onte notificáronse sete falecementos de persoas con covid-19, o que fai que fose a xornada con maior número de mortes comunicadas desde o mes de maio na Comunidade.
Desde o comezo da 'nova normalidade' o número de pacientes falecidos coa enfermidade en Galicia é de 54 persoas, tras o falecemento dunha muller o 7 de agosto. Antes diso, Galicia encadeara case dous meses --desde o 10 de xuño-- sen decesos relacionados co coronavirus.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.