Todos os grupos piden a dimisión de Jácome no pleno: "Non teño que ensinar as contas do meu partido"

Insiste en que foi vítima dunha "traizón" e acusa aos catro edís críticos do seu partido de ser uns "tránsfugas" e de aliarse co PP.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 11/09/2020 | Actualizada ás 13:38

Comparte esta noticia

O pleno do Concello de Ourense, co apoio de todos os edís que conforman a Corporación salvo dúas (o propio alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, e o único concelleiro que lle é leal, Armando Ojea), sacaron adiante unha moción na que se reclama a "dimisión inmediata" do rexedor, quen se mantén en que é vítima de "unha traizón" e en que "non ten que ensinar as contas" do seu partido, Democracia Ourensana.

Ao termo da votación da moción, que apoiaron PP, PSOE, BNG, Cs e os edís de D.O. críticos con Jácome, o propio alcalde chanceou con que "menos mal que non é vinculante" ou non podería seguir coa orde do día da sesión plenaria.

Previamente, foi obxecto de duras críticas dos portavoces de todos os grupos municipais no debate. El defendeuse, cargou contra os "traidores" do seu propio grupo e contra o PP, á vez que apelou á presunción de inocencia, e esgrimiu que non ten que ensinar as contas de Democracia Ourensana.

"Nin ao PP, nin ao BNG, nin á cidadanía", sentenciou, antes de subliñar que o que está a debate --tras a denuncia dos críticos en Fiscalía-- non son as contas do Concello (nas que asegurou que é preciso a transparencia total cos veciños da cidade), senón as do seu partido. "Pero as contas de D.O. son cousa do Tribunal de Contas e D.O.", esgrimiu.

"É o colmo. O PP, o da Gürtel, un partido corrupto condenado por un xulgado quere que lle ensine as contas. Pero seica o PP é un xuíz?", preguntou e lembrou aos populares que se pecharon na defensa de Manuel Baltar cando unha muller lo denunciou "por forzar relacións sexuais a cambio de traballo" sen esixirlle que "demostrase que non o fixo".

"É O COLMO QUE CHE DIGAN 'DEMOSTRA QUE NON VIOLACHES'"

"É o colmo que che digan 'demostra que non violaches a alguén'", insistiu, nunha tensa sesión na que Jácome acusou ao líder dos críticos, Miguel Caride, de promover un "boicot" para que non se acudise ao pleno e, ante a falta de quórum, tratar de evitar a substitución do edil crítico que presentou a súa renuncia por Telmo Ucha.

O rexedor tamén subliñou cando os críticos e os populares votaron xuntos nunha das mocións (sobre a volta ás aulas) que se debateu na sesión. "Os catro díscolos de DO romperon a disciplina de voto, e están a aliñar os seus votos co PP na sesión plenaria. Xa é oficial. Tránsfugas que rouban a vontade das urnas: Miguel Caride, Manolo Fórum, María Dibuja e Maite Rdez", escribiu no seu perfil de 'Twitter'.

Máis tarde, nunha moción na que populares e críticos votaron en sentido distinto, apuntou que era "cousa rara". Así mesmo, nun punto do pleno fixo un inciso para subliñar como se incrementou a "expectación" ante o pleno municipal na canle de Youtube do Concello, ao pasar "de 50 a 250 espectadores".

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo

Jácome montou ( presuntamente) un chiringo para facerse de ouro: 1) Nombra vintetantos asesores, cun soldo millonario. 2) Exíselles donar parte do seu soldo a DO. 3.) Os cartos donados os controla él, e compra " espazos" de publicidade de DO na TV súa. Todo queda na casa.