Galicia e Portugal lánzanse á reconstrución post-covid de xeito conxunto

Alcaldes do Eixo Atlántico manterán un encontro en Pontevedra xunto con expertos internacionais para buscar solucións á actual situación económica.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/09/2020 | Actualizada ás 15:25

Comparte esta noticia

Galicia e Portugal arrincan a reconstrución post covid de xeito conxunto. Así se destila da Conferencia de Alcaldes do Eixo Atlántico organizada para o vindeiro xoves 17 co obxectivo de facer fronte ó 'día despois' dunhas crises máis profundas que se lembran. O encontro, que terá lugar en Pontevedra, contará cun total de 31 rexedores que se verán acompañados por expertos de talla internacional en distintas áreas para artellar a reconstrución económica e social con vistas á fin da pandemia.

Reunión do Eixo Atlántico
Reunión do Eixo Atlántico

Dende a organización da cita destacan que esta marcar unha antes e un despois en tanto que é a primeira vez que, no seo da península Ibérica, "alcaldes dos dous países asumen de maneira conxunta" o liderado dun proceso coma este, reuníndose "para buscar solucións comúns e complementarias" 

Á parte de responder á "maior crise que viviu Europa dende a Segunda Guerra Mundial", a reunión pretende "reforzar a resiliencia" de cidades galegas e portuguesas de cara ós efectos das "vindeiras crises" que se poidan producir. Neste aspecto, dende a organización fan fincapé na importancia da política local en tanto que "os concellos xogaron un papel determinante na xestión da pandemia", tanto polo "mantemento dos servizos no medio do confinamento" como por "ter garantido os servizos sociais esenciais á poboación que máis estaba a sufrir os efectos dunha crise inesperada".

O encontro contará coa presenza de varias ducias de expertos internacionais que participarán tanto a nivel presencial como telemático para garantir as medidas de seguridade no seo da convención e evitar un novo gromo nun panorama de contaxio que cada vez incita máis ó pesimismo. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta