Constitúese o Consello de Forzas Locais de Galicia

Ponse en marcha unha ferramente autoxestionada de coordinación entre agrupacións locais á procura dunha voz común.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/09/2020 | Actualizada ás 20:05

Comparte esta noticia

O Consello de Forzas Locais de Galicia ponse en marcha como unha ferramenta autoxestionada de coordinación entre agrupacións locais á procura dunha voz común nos vindeiros anos. Participaron no encontro representantes chegados dende Carballo a Gondomar, pasando por Muros, Touro, Samos ou Poio.

Fachada principal do Pazo do Hórreo, sede do Parlamento de Galicia. PARLAMENTO DE GALICIA - Arquivo
Fachada principal do Pazo do Hórreo, sede do Parlamento de Galicia. PARLAMENTO DE GALICIA - Arquivo

As forzas locais entenden que "o pluralismo político ten presenza real nas actuais corporacións municipais, máis que o que na actualidade representa o Parlamento galego."

De feito, o pasado 5 de setembro ao carón da Casa Museo de Rosalía en Padrón, e de acordo cos compromisos adquiridos na Declaración de Touro por agrupacións locais de toda Galicia, formalizouse a constitución do Consello de Forzas Locais de Galicia

Este novo espazo cooperativo e autoxestionado está aberto á incorporación de novas agrupacións locais entre iguais. Nas vindeiras datas, vanse ir incorporando colectivos ata completar a trintena con cadanseu posto, para facerse valer no Consello.

O consello será un instrumento ao servizo da maioría social galega dende a base e a pé de obra, un amplificador dos movementos sociais que saiba escoitar e responder ás súas inquedanzas e demandas e mais para defender entre todas os servizos sociais básicos, coma a educación e a sanidade e loitar contra a exclusión social.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta