Temas: MAR

Remolcan ata A Coruña un veleiro que foi danado por candorcas a seis millas de Cabo Prior

Efectivos de Salvamento Marítimo acudiron ao auxilio da embarcación.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 11/09/2020 | Actualizada ás 20:10

Comparte esta noticia

Efectivos de Salvamento Marítimo acudiron ao auxilio dunha embarcación que foi arremetida por varias candorcas fronte á costa galega.

Candorca
Candorca | Fonte: Mlewan - Wikimedia.

O veleiro 'Beautiful Dreamer', con tres tripulantes de nacionalidade finlandesa e británica, acababa de saír do porto de Ferrol, e sufriu unha acometida destes animais a unhas seis millas de Cabo Prior.

A causa do impacto, o temón da embarcación quedou danado e víronse obrigados a solicitar o apoio a Salvamento Marítimo.

Finalmente, acudiu ata a zona a Salvamar Betelgeuse, que executou as tarefas de remolque ata o porto da Coruña.

Temas: MAR
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta