Novas dimisións e protestas en centros galegos polas condicións do inicio do curso académico

Un informe da Deputación da Coruña conclúe que as tarefas de desinfección nos centros é competencia da Xunta e non dos municipios.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 12/09/2020 | Actualizada ás 11:56

Comparte esta noticia

As condicións e medidas expostas para o inicio do curso en secundaria, bacharelato e formación profesional están a xerar toda serie de reaccións entre a comunidade educativa, con concentracións, denuncias en redes sociais e mesmo a dimisión da dirección do centro tanto pola falta de medios como polo "menosprezo" que están a sufrir polos cambios de criterio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Protesta contra os criterios da Xunta na aula
Protesta contra os criterios da Xunta na aula | Fonte: Adormideras.

O departamento dirixido por Román Rodríguez viuse obrigado a atrasar unha semana o arranque da actividade nestas etapas, ata o 23, 24 e 25 de setembro, debido á imposibilidade dos centros para afrontar a adaptación dos espazos educativos ás medidas de prevención fronte ao coronavirus fixadas polas autoridades sanitarias e a administración galega.

Unha decisión que se tomou despois de que institutos galegos da Coruña, Santiago e Pontevedra, entre outros, reclamasen por escrito ás xefaturas territoriais o atraso da volta ás aulas.

Todo iso prodúcese polo que entenden como un novo cambio nas regras de xogo, posto que os servizos de inspección remitiron comunicacións aos centros para que paralizasen a adaptación que estaban a realizar, co fin cambiala polo criterio de uso de biombos cun metro de separación, ademais da teledocencia inicialmente a partir de bacharelato, pero sen descartar 3º e 4º da ESO.

A Xunta mantén que a norma xeral é o metro e medio de separación e que estas solucións serían de carácter excepcional, aínda que o propio Román Rodríguez recoñecía onte que serían os inspectores e as autoridades sanitarias, en función das diferentes casuísticas, os que decidan cantos desdobres serán necesarios.

De feito, instou a aproveitar esta semana de atraso para "profundar" en medidas presentadas nos últimos días no Consello Escolar de Galicia, como a semipresencialidade e a colocación de biombos nas aulas para poder sortear o metro e medio de separación.

DIMISIÓN NA CORUÑA

Tras coñecer a noticia, o equipo directivo do IES Plurilingüe Adormideras da Coruña, un dos centros que asinara a petición de atraso do curso, presentou a súa dimisión. En concreto, denuncia o "menosprezo" cara á comunidade educativa e os "continuos cambios no protocolo contra a COVID-19".

"E todo co vello obxectivo de sempre: non contratar máis profesorado e non gastar un euro no ensino público", engaden. Os traballadores do centro difundiron imaxes a través de redes sociais para visibilizar as consecuencias da separación dun metro entre cabezas, e concentráronse ás portas do centro.

Estas concentracións trasladáronse á súa vez a diferentes puntos do territorio galego, onde se están reclamando a dotación de recursos para poder realizar os desdobres necesarios. Un deles o IES Antón Alonso Ríos, en Tomiño, onde a ANPA reclamou á Consellería a contratación de sete profesores que necesita o centro para poder adaptar a actividade.

DECISIÓN DA INSPECCIÓN

Isabel Ruso, da Asociación de Directores de Institutos de Galicia, Isabel Ruso, recoñeceu que o panorama "cambiou en diferentes ocasións", o que anulou o traballo realizado ata agora nos centros galegos.

Os institutos terán que "reconsiderar" o novo curso coa opción dos biombos e a semipresencialidade, no caso de que así sexa demandado, e que agora a inspección educativa ten "o peso" da decisión final. A pesar diso, recoñeceu as dificultades para conseguir estes materiais, posto que "é o máis duro" de atopar a día de hoxe, "o que trastorna o traballo de moitos días".

En todo caso, as protestas prolongaranse ao longo do mes e os sindicatos docentes manteñen a convocatoria de folga e de concentracións, agora trasladada á nova data de inicio do curso en secundaria.

INFORME PROVINCIAL

Outra das caras do malestar neste inicio do curso afecta á administración local, posto que varios gobernos locais protestaron por ter que asumir os gastos extra motivados polas tarefas de limpeza e desinfección de centros para aplicar o protocolo da COVID-19.

Tras o recente informe da Deputación de Pontevedra, este sábado deuse a coñecer outro da súa homóloga da Coruña que conclúe que a competencia para estas accións é da Xunta de Galicia, ante o "gasto importante" que están a asumir as administracións locais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

2 Rui do

Políticos y funcionarios, burócratas y docentes, no quieren trabajar. Pero siguen cobrando sus suculentos sueldos mientras que fastidian a los padres a los que saquean a impuestos.

1 Ailalelo

Tes ti a solución?? Outro libertarado que pensa que os inpostoa son un roubo?? Idevodms a Xúpiter libertontos!!

2 Ruidanada

Si os mesmos que lles deron 80.000 millóns á banca, subvencións a autónomos que desgravan a comida do fin de semana en Marineda e os xoguetes que lle compran aos fillos. Gardería e libros de balde a eses mesmos que legalmente son pobres e despois andan en Porsche Cayenne. Seguimos amor, ou hai que dar nomes deses que fan quedar fóra das listas de comedor, libros e un largo etcétera a outros que realmente o necesitan. De todas maneiras se é tan bon choio prepara unhas oposicións e xa está. Recordo cando no tempo do ladrillo fácil que rían cando gañaban 1500 euros máis ao mes que un profesor e xa non falemos daqueles “empresarios” especuladores. Eses aos que agora temos que manter todos porque quedaron sen nada (nada era deles claro) e non teñen nin oficio nin beneficio.

3 Rui do

Ruidadanada. Si hablamos de chanchullos, hagámoslo también de las segundas actividades sin declarar de muchos docentes, del escaqueo de horarios, de los tres meses de vacaciones pagadas, y para Porches, Audis,segundas y terceras viviendas sólo hay que ver los casos de múltiples profesores. Si crees que es injusto que un albañil gane más que tú, mientras que se juega la vida con polvo, calor y suciedad, deja el despacho y sube al andamio. Mejor todavía, dejad de quitarnos la mitad de nuestro sueldo y meteros vuestros servicios públicos por donde os quepan. No quiero ser funcionario ni que me roben legalmente para vuestro beneficio y de la casta inmunda de políticos que mantenemos.

1 Gamela

Fartos de ver como se pasan a pelota duns a outros e a casa sen varrer ! Isabel Celáa - Román Rodríguez - Alcaldes que gastan en rampas e luces - Directores Colaboracionistas - Resultado unha semana de retraso que se pode convertir nun mes ou dous... Total mentras non se aproben os orzamentos do Estado todo está no aire... e cando se aproben estaremos en bancarrota técnica... Débeda Pública 125% do PIB e 30% de Paro Estructural !

1 Ailalelo

Bueno carallo dillo a USA! xa nin se sabe canto debe! Ou o Imperio español que crebou 6 veces cando dominaba Europa e o Mundo! O que che pasa a ti e que es dos "nin de dereitas nin de esquerdas", sodes os peores!!

2 Gamela

Seica tí es dos que ten a máquina de facer cartos debaixo da cama ? Se fóramos a Reserva Federal poderiamos imprimir tódolos billetes do mundo e a xente seguiría mercando dólares (pero dende que se nos deu por cambiar un €uro por 166,386 pesetas) seica rematou a festa... Agás para os que sodes da UPG que xa se vos nota a valentía no Congreso ! Amén