Activo un incendio en Vilar de Barrio que supera as 20 hectáreas

O lume afecta á parroquia de Rebordechau.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 12/09/2020 | Actualizada ás 16:56

Comparte esta noticia

Un incendio forestal está activo en Vilar de Barrio (Ourense) desde a mañá deste sábado. O lume afecta á parroquia de Rebordechau e arrasou xa 20 hectáreas. Diso informa a Consellería do Medio Rural, que sitúa o inicio das chamas nas 11,52 horas. Nas tarefas de control traballan dous axentes, sete brigadas, dúas motobombas e medios aéreos.

Efectos do incendio en Vilar de Barrio
Efectos do incendio en Vilar de Barrio | Fonte: ATBRIF - @AT_Brif

Por outra banda, segue estabilizado o incendio iniciado na madrugada do sábado no municipio lugués de Quiroga.

A superficie queimada polas chamas rolda as 40 hectáreas, segundo a última estimación ofrecida pola Xunta.

Para a extinción deste incendio, que se iniciou ás 00,03 horas e deuse por estabilizado ás 09,36 horas do sábado, mobilizáronse once axentes, 32 brigadas, 20 motobombas, dúas pas, sete helicópteros e seis avións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta