Lugo amence cos restos dun botellón 'prohibido' no barrio do Carme, zona protexida da cidade

Sufriu danos de diversa consideración durante a pasada madrugada.

Por Europa Press / Redacción | Lugo | 12/09/2020 | Actualizada ás 19:18

Comparte esta noticia

A cidade de Lugo espertouse este sábado cos restos dun botellón no barrio do Carme, unha zona protexida da cidade que sufriu danos de diversa consideración durante a pasada madrugada.

O edil Álvaro Santos
O edil Álvaro Santos | Fonte: Concello de Lugo.

O edil de Medio Ambiente, Álvaro Santos, lembrou que esta práctica está "prohibida" e advertiu de que pode carrexar "importantes multas por parte das autoridades", sobre todo no contexto de crise sanitaria pola COVID-19.

Os autores provocaron diversos danos na zona, que obrigou a despregar un dispositivo especial de limpeza para acondicionar o lugar.

Santos advertiu de que "a gravidade dos feitos van máis aló" da situación sanitaria, posto que a zona está moi próxima ao Casco Vello e polo que pasa a Vía Romana XIX e o Camiño Primitivo.

Por iso, realizou un chamamento aos cidadáns, e especialmente aos mozos, a coidar o patrimonio e a respectar os espazos públicos e reiterou que "os insolidarios" se expoñen a "importantes sancións económicas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Daniel

El botellón está prohibido de toda la vida de Dios, es importante cuidarnos y más en la noche. https://oraciondelanoche.info/a-san...

1 Sentidiño

É que o da última cea acabou como acabou...