Morre un veciño de Sanxenxo esmagado polo tractor que conducía na súa leira

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 13/09/2020 | Actualizada ás 12:02

Comparte esta noticia

Un veciño de Sanxenxo morreu na tarde do pasado sábado ao ser esmagado polo tractor que manexaba nunha leira da súa propiedade situada na parroquia de Punta de Montalvo.

Tractor
Tractor | Fonte: Europa Press.

O suceso tivo lugar ao redor das 19,30 horas do sábado, segundo informa o CIAE 112 Galicia, que sinala que a vítima quedou debaixo do vehículo agrícola despois de que este envorcase.

Os efectivos sanitarios desprazados ao lugar, ao que tamén acudiron membros da Garda Civil, só puideron certificar o falecemento do home.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta