Ourense continúa en extremo risco de incendios en plena vaga de lumes

Tamén hai riscos en Lugo e no sur de Pontevedra.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/09/2020 | Actualizada ás 11:34

Comparte esta noticia

A provincia de Ourense, case toda a de Lugo, fóra da comarca da Mariña, así como o sur de Pontevedra estarán este luns en nivel extremo de risco ante incendios forestais

Así figura no mapa do índice de risco diario de incendio (IRDI) que publica a web da Consellería do Medio Rural en base a factores como a seca, o estado de matogueiras e pastos e as condicións de humidade, de temperatura e de vento.

Deste xeito, toda a provincia de Ourense, que ao longo do fin de semana rexistrou once incendios que arrasaron case 6.700 hectáreas, e a práctica totalidade de Lugo e a metade sur de Pontevedra estarán este luns no máximo nivel de alerta.

As áreas que presentan un risco menor, aínda que alto, son as comarcas do norte pontevedrés e toda a provincia da Coruña, fóra dalgúns puntos da Costa da Morte e do litoral cantábrico, que terán un risco moderado. Tamén contarán cun nivel moderado de alerta a comarca da Mariña, no norte de Lugo, aínda que a probabilidade de que se produzan incendios aumenta cara ao interior.

Mapa do risco de incendios en Galicia o luns, 14 de setembro de 2020.. CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Mapa do risco de incendios en Galicia o luns, 14 de setembro de 2020.. CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta