Dous bombeiros necesitan asistencia médica por un incendio nunha vivenda en Fisterra

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/09/2020 | Actualizada ás 13:41

Comparte esta noticia

Dous bombeiros precisaron asistencia médica durante os traballos de extinción dun incendio que calcinou parte dunha vivenda de tres pisos en Fisterra, na noite do domingo.

Segundo informa o 112, todo ocorreu pasadas as 23,00 horas na Avenida da Coruña, nunha casa que no momento do incendio estaba deshabitada. Así, agás os dous efectivos de extinción que necesitaron osíxeno, non se produciron danos persoais.

As lapas e o fume orixinados enseguida chamaron a atención dos veciños, que foron os encargados de informar ao 112 do sucedido. O lume cebouse co segundo piso da infraestrutura e a temperatura alcanzada, sinala a central de emerxencias, dificultou as tarefas de extinción dos bombeiros de Cee.

De feito, dous deles precisaron asistencia médica por parte de Urxencias Sanitarias-061 debido ao esforzo realizado e a falta de osíxeno. Ademais dos bombeiros de Cee, na extinción deste incendio colaboraron os voluntarios de Protección Civil do municipio e a Garda Civil.

Bombeiros
Bombeiros | Fonte: Galicia Confidencial

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta