Envorca un camión con máis de 4.000 litros de combustible en Verín

O camioneiro tivo que ser rescatado polos bombeiros.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 14/09/2020 | Actualizada ás 13:56

Comparte esta noticia

Un camioneiro tivo que ser rescatado polos bombeiros tras envorcar o vehículo que conducía con máis 4.000 litros de combustible en Verín, concretamente na OU-113 ao seu paso por Vilamaior do Val.

Segundo informa o 112, ata o punto desprazáronse os bombeiros do municipio para liberar ao condutor atrapado, que posteriormente sería atendido polos profesionais de Urxencias Sanitarias-061 e evacuado ao hospital comarcal.

En canto á carga do camión, algo máis de 4.000 litros de combustible, a Garda Civil confirmou que apenas se produciu un pequeno goteo procedente, segundo estima, da válvula de presión.

En calquera caso, o 112 Galicia pasou o aviso ao persoal de limpeza e mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas, por se fose precisa a súa intervención.

Un camión accidentado en Verín
Un camión accidentado en Verín | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta