A segunda convocatoria da incubadora BioIncubaTech pecha este martes o prazo de solicitude

A incubadora apoirá 22 pequenas empresas e proxectos no ámbito das ciencias da saúde e a biotecnoloxía alimentaria.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/09/2020 | Actualizada ás 21:55

Comparte esta noticia

A incubadora de alta tecnoloxía BioIncubaTech ten aberto ata este martes, día 15, o prazo de recepción de candidaturas de proxectos biotecnolóxicos, segundo informa a Consellería de Economía e Industria.

A través desta segunda edición, BioIncubaTech apoiará 22 pequenas empresas e proxectos no ámbito das ciencias da saúde e a biotecnoloxía alimentaria, "ofrecéndolles infraestruturas e programas de incubación e aceleración para conseguir atraer talento emprendedor e resultados de investigación de todo o mundo a Galicia".

A través da primeira edición deste programa, apoiáronse xa 22 proxectos e empresas, dos que seis en fase de preincubación xa se constituíron como empresas, catro asinas xa están instaladas en laboratorios e oficinas do edificio Emprendia e outro cinco teñen a disposición a área de coworking.

XORNADAS COA USC

Por outra banda, a Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) organizan unha serie de mesas de diálogo para analizar o impacto da automatización e a dixitalización nos diferentes sectores económicos de Galicia.

O obxectivo, explica a Consellería, é "favorecer a achega de propostas compartidas que contribúan a reactivar a actividade económica nun contexto no que os procesos produtivos impulsados polas novas tecnoloxías cobran máis relevancia debido ás consecuencias da pandemia da COVID-19".

O reitor da USC, Antonio López, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participan na presentación da aceleradora de empresas 'BioIncubatech'.. XUNTA
O reitor da USC, Antonio López, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participan na presentación da aceleradora de empresas 'BioIncubatech'.. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta