O PSOE reclama á Xunta protocolos contra a COVID-19 nas explotacións agrícolas e gandeiras

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/09/2020 | Actualizada ás 17:43

Comparte esta noticia

O portavoz de Medio Rural do Grupo Socialista, Martín Seco, reclamou este martes á Xunta que redacte un protocolo de actuacións para "dar solucións efectivas aos casos de aparición de coronavirus nas explotacións agrícolas e gandeiras" da comunidade.

Así, o socialista asegurou que "a falta dun protocolo pon en risco o principal motor da economía do medio rural", a produción de alimentos, o benestar animal e a protección do medio ambiente.

A maiores, subliñou o carácter fundamental deste sector, que nas fases máis intensas do confinamento "mantívose en activo", proporcionando "alimentos seguros ao conxunto da poboación", o que, no entanto, non os "blinda no caso de ter que proceder ao illamento do titular ou de traballadores das explotacións".

Martín Seco advertiu de que as recomendacións e medidas preventivas fronte á COVID-19 publicadas o pasado 20 de marzo pola Consellería do Medio Rural manteñen "un perigoso baleiro no caso de ter que illar aos responsables das explotacións por síntomas de coronavirus sen diagnóstico confirmado, por diagnóstico confirmado ou coa necesidade de realizar unha corentena de 14 días no seu domicilio".

Burras da granxa de Xanceda protexendo o gando
Burras da granxa de Xanceda protexendo o gando | Fonte: remitida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta