Carmela Silva pide a Feijóo unha reunión cos entes locais sobre os fondos extra pola pandemia

"A Xunta non puxo a disposición das entidades locais os recursos que necesitaban para garantir dereitos e servizos imprescindibles", apunta nunha misiva remitida ao presidente galego.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 15/09/2020 | Actualizada ás 17:57

Comparte esta noticia

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, remitiu unha carta ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na que lle insta de novo a convocar ás entidades locais para informar de como van trasladar aos entes locais os recursos extraordinarios que o Goberno central habilita para enfrontar o novo escenario xerado pola pandemia da covid-19.

No escrito, a presidenta lembra a Feijóo que, aínda que "nunca" respondeu as peticións anteriores, ante o escenario actual, considera "imprescindible" que se celebre este encontro, incorporando á mesma non só ao catro deputacións, senón tamén á Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e ás sete grandes cidades de Galicia para abordar o recurso.

Na misiva, a dirixente socialista remarca que eses recursos van permitir que as administracións máis próximas a cidadanía poidan enfrontar aos investimentos derivados da pandemia, e lembra a Feijóo que outras comunidades xa se reuniron coas entidades locais.

A presidenta provincial lembra tamén que a Unión Europea (UE) xa aprobou ingresos extraordinarios para os Estados membros; que o Goberno de España tamén habilitou recursos para as Comunidades Autónomas; e que as propias deputacións aprobaron recursos para actuacións nos concellos, mesmo de competencias impropias derivadas de normas da Xunta de Galicia.

Con todo, di Silva, "a Xunta non puxo a disposición das entidades locais os recursos que necesitaban para garantir dereitos e servizos imprescindibles hoxe mais que nunca, polas novas necesidades derivadas da crise sanitaria".

"UN DEBER"

Igualmente, a presidenta da Deputación de Pontevedra lembra na carta ao presidente da Xunta que "é un deber que cada Administración Pública faga fronte ás súas competencias e non se deriven ao mundo local". Pero tamén é necesario, subliña, "que a colaboración e a coordinación veñan acompañadas de medios extraordinarios que a administración autonómica debe facer chegar a todos os concellos, no noso caso, da provincia de Pontevedra".

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, en rolda de prensa.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA - Arquivo
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, en rolda de prensa.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Canta parsimonia, canto tratamento, canta inutilidade ! Cando medio mundo leva anos falando da dixitalización, resulta en en Galicia andamos a mandar CARTAS ! O presidente manda cartas aos concellos (agás ao de Ourense!) O Caudillo de Vigo manda cartas ao Presidente da Xunta (do que fala pestes dende hai trece anos!) A presidenta da DeputaCión manda cartas ao Presidente... Torra manda cartas a Sánchez e Sánchez manda cartas a Torra... En fin, se queres marcar a diferencia, envía unha carta ou dúas! As novas tecnoloxías xa non teñen nada que facer... vou enviarlle unha carta á Abanca ! https://twitter.com/00Gamela/status...