Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/09/2020 | Actualizada ás 18:00
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, valorou este martes o anuncio dun acordo entre a compañía americana Novavax e o grupo Zendal para producir, nun laboratorio do Porriño, a vacina contra o COVID para toda Europa.
Así o trasladou, en declaracións aos medios, tras manter un encontro no Palacio da Zarzuela co Rei Felipe VI, con motivo da súa reelección, por cuarta vez consecutiva, como presidente de Galicia. O titular do Executivo autonómico sinalou que este anuncio é "unha aposta pola profesionalización e o rigor" co que se traballa en Galicia, e un "motivo de satisfacción".
Segundo fixo público este martes o grupo biofarmacéutico Zendal, a través da súa filial Biofabri, foi o elixido pola compañía americana Novavax para a produción industrial da súa vacina contra o COVID na Unión Europea.
En virtude do contrato, a compañía con sede no Porriño será a encargada para a Unión Europea da produción da vacina deseñada pola farmacéutica con sede en Maryland, cuxos ensaios clínicos se atopan actualmente na fase 2 e que se estima que inicien a fase 3 a finais do terceiro trimestre de 2020.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.