Arrinca a lexislatura sen acordo sobre o protocolo de centros educativos Xunta-Fegamp

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/09/2020 | Actualizada ás 14:33

Comparte esta noticia

A primeira comisión parlamentaria da lexislatura concluíu sen acordos entre os grupos en ningunha das temáticas que foron levadas, unha delas, o protocolo de adaptación de centros educativos entre a Xunta e a Fegamp.

A iniciativa partiu do PSdeG, cuxa deputada Begoña Rodríguez Rumbo quería que o Parlamento instase á Xunta a acordar coa Fegamp un protocolo de adaptación ao contexto da covid nos centros de ensino non universitario de Galicia para este curso, "co establecemento de medidas e o financiamento necesario para que os concellos galegos poidan facer fronte ás medidas contempladas".

Centro educativo adherido ao Proxecto E-DIXGAL.
Centro educativo adherido ao Proxecto E-DIXGAL.

O BNG, que tiña unha emenda presentada que non foi aceptada pero aceptou a iniciativa, lamentou, en palabras de Luís Bará, que "peor, imposible" a xestión do presidente Feijóo. "Suspenderon en xuño e en setembro", aseverou para "desmentir a maior" e afirmar: "son malos xestores".

Pola súa banda, a deputada do PPdeG Paula Prado ironizou con que o día que os populares o fagan "ben e non tan mal" como di a oposición, o resto de grupos quedará "sen representación" na Cámara galega.

NON SON COMPETENCIA

Rodríguez Rumbo subliñou que os socialistas "en ningún caso cuestionan as recomendacións e contido" do protocolo, senón o financiamento e centrou o debate "en que vai facer" a Xunta cos 93 millóns: "non digo que sexan suficientes, pero non repartiron (en referencia á administración autonómica) nin un só euro".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta