Veciños collen 'in fraganti' a unha muller mentres prendía lume en Vilar de Barrio

Está investigada por un delito de incendio forestal, aínda que arderon só 1.000 metros de monte raso.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 17/09/2020 | Actualizada ás 11:02

Comparte esta noticia

Unha muller de 67 anos foi collida "in fraganti" polos seus veciños mentres tentaba prender lume a unha leira no municipio de Vilar de Barrio.

Segundo informou o Instituto Armado, o día 15 de setembro tomou declaración en calidade de investigada como presunta autora dun delito de incendio forestal a L.C.L., veciña de Borrán, en Vilar de Barrio.

A muller fora sorprendida a noite do sábado ao domingo por varios veciños cando prendía lume a un monte denominado Inxido en Borrán, onde resultaron afectados mil metros de monte raso. As dilixencias instruídas en relación con estes feitos foron remitidas ao Xulgado de Xinzo de Limia.

Investigada por un incendio forestal en Vilar de Barrio unha muller sorprendida por veciños cando prendía lume.. GARDA CIVIL
Investigada por un incendio forestal en Vilar de Barrio unha muller sorprendida por veciños cando prendía lume.. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta