Segue o alto ritmo de contaxios en Galicia, que se compensa cun número maior de altas

Houbo 224 novos positivos, pero son compensados coas 235 altas dadas. Deste xeito baixa en nove o número de casos activos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/09/2020 | Actualizada ás 13:03

Comparte esta noticia

Os casos activos de coronavirus COVID-19 en Galicia descenderon en 11 nas últimas 24 horas tras detectarse 224 novos positivos na Comunidade galega e rexistrarse 235 novas altas, ademais de cinco falecementos.

Segundo os datos actualizados este xoves pola Consellería de Sanidade, os casos activos baixan na área de Santiago e Barbanza --con 24 menos--, Lugo --nove menos-- e A Coruña --un menos--, mentres que soben en Ourense, Pontevedra, Vigo e Ferrol.

Así, dos 4.306 casos activos rexistrados en Galicia, 1.236 corresponden á área sanitaria da Coruña --un menos que este mércores--, 772 á de Lugo --nove menos--, 635 á de Santiago -24 menos--, 584 á de Pontevedra --sete máis-- 503 á de Ourense --tres máis--, 394 á de Vigo --sete máis-- e 182 á de Ferrol --un máis--.

Ata a data, segundo os datos actualizados por Sanidade curáronse en Galicia 16.064 persoas, o que supón 235 máis que este mércores, e faleceron 701 persoas con COVID-19.

Test COVID-19 en Galicia.. DAVID CABEZÓN/XUNTA DE GALICIA - Arquivo / Europa Press
Test COVID-19 en Galicia.. DAVID CABEZÓN/XUNTA DE GALICIA - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta