Confirmado un novo positivo na oficina de Correos da Xunta en Santiago

Medicina Preventiva do SERGAS e Correos indican que as instalacións están traballando con novo persoal.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 17/09/2020 | Actualizada ás 21:45

Comparte esta noticia

Un novo caso por COVID foi detectado na oficina de Correos situada no edificio administrativo da Xunta en Santiago. Medicina Preventiva do SERGAS confirmou este punto a Galicia Confidencial e que se aplicaron os protocolos necesarios.

Sede administrativa da Xunta de Galicia en San Caetano.. XUNTA - Arquivo
Sede administrativa da Xunta de Galicia en San Caetano.. XUNTA - Arquivo

Correos tamén informou a Galicia Confidencial que despois da detección dun caso postivo por COVID-19 nas instalacións de San Caetano, activouse o protocolo establecido. Isto incluiu o peche das oficinias para a súa desinfección. Despois desta tarefa, Correos confirmou que o departamento postal está funcionando con normalidade cun novo cadro de persoal.

Seguindo o protocolo, todos os contactos directos do positivo en San Caetano sometéronse ás probas PCR. De momento non se rexistraron novos contaxios despois destas probas. Este novo caso dáse logo doutra serie de casos en oficinas postais en Santiago.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta