Renfe reforza os servizos no Corredor Atlántico as fins de semana polo novo curso

A compañía pon en circulación os días laborables doce trens de Media Distancia e Rexionais entre A Coruña e as estacións viguesas e outros tantos en sentido contrario.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/09/2020 | Actualizada ás 16:39

Comparte esta noticia

Renfe incorpora desde este domingo dous trens máis no Corredor Atlántico, un entre Vigo-Urzáiz e A Coruña e outro en sentido inverso, que circularán os venres e os domingos, unha medida que coincide co inicio do curso académico.

Ademais, os venres e domingos, Renfe duplicará as prazas de 11 trens (sete os venres e catro os domingos), de modo que a compañía ferroviaria ofrecerá preto de 3.000 prazas adicionais os fins de semana no corredor A Coruña-Santiago-Vigo.

Entre os novos, o tren con saída de Vigo-Urzáiz farao ás 18,15 horas e chegará á estación da Coruña ás 19,35 horas. En sentido inverso, o tren con saída da estación da Coruña farao as 18,00 horas e chegará a Vigo-Urzáiz ás 19,20.

Nestes momentos, Renfe pon en circulación os días laborables doce trens de Media Distancia e Rexionais entre A Coruña e as estacións viguesas e outros tantos en sentido contrario. A estes trens súmanse outro dez servizos Avant diarios (cinco por sentido) entre A Coruña, Santiago e Ourense.

Un tren Avant. RENFE - Arquivo
Un tren Avant. RENFE - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta