Morre unha muller tras envorcar o seu tractor e outra de 88 anos que caíu a un pozo

Os dous incidentes tiveron lugar a última hora do xoves.

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 18/09/2020 | Actualizada ás 10:29

Comparte esta noticia

Dúas mulleres morreron nas últimas horas vítimas de sendos accidentes. Unha delas, tras accidentarse o tractor que conducía e a outra tras caer a un pozo.

Accidente dun tractor
Accidente dun tractor | Fonte: GARDA CIVIL

A primeira faleceu nun accidente que tivo lugar en Palas de Rei tras quedar atrapada polo tractor que conducía no municipio de Palas de Rei, no lugar de Merlán. Segundo informou o 112 Galicia, os equipos de emerxencia nada puideron facer por salvar a vida da muller.

CAÍDA A UN POZO

Por outra banda, unha muller duns 88 anos de idade faleceu na noite do xoves tras precipitarse a un pozo na súa propiedade no municipio de Vila de Cruces. Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia, na noite do xoves foi achado o corpo sen vida dunha muller nun depósito de auga no lugar de Cirela.

Por parte da Garda Civil sinalaron que supostamente a muller de 88 anos de idade "caeu a un estanque na súa leira" e foi un familiar a que a atopou falecida. O pozo tiña "apenas profundidade", sobre metro e medio, cun "bicheiro", puntualizaron. Por parte do Instituto Armado apuntaron que se trata dunha "morte accidental".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta