DomusVI defende a súa xestións e aos traballadores tras os escándalos no coidado de residentes dos seus centros

Varios centros que xestiona en Vigo, Santiago, Cangas e Outeiro de Rei foron dos máis golpeados pola Covid.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/09/2020 | Actualizada ás 11:39

Comparte esta noticia

A empresa dedicada a coidados de persoas maiores DomusVi saíu en defensa dos seus traballadores e o cumprimento dos cocientes de persoas e calidade que marcan as normativas autonómicas. Unha defensa que chega cando se está a poñer en dúbida o coidado que centos de anciáns están recibindo nestes centros.

A compañía asegura que os residentes nos seus centros asistenciais e as súas familias son a súa "razón de ser". "Os nosos empregados só teñen un obxectivo, un fin, que é coidar das persoas maiores con dependencia que residen nos nosos centros; facelo coa maior dilixencia e agarimo é a súa obrigación á vez que a súa vocación", explicou o director xeral de operacións de DomusVi, José Luís Roselló.

A compañía sostén que os seus traballadores son persoas das que senten "moi orgullosos polo gran labor que realizan a diario e máis aínda pola que están a levar a cabo desde o mes de marzo durante esta dura pandemia".

Asegura ademais que desde o mes de xullo de 2020 está auditando e certificando as residencias da compañía. DomusVi xestiona 140 residencias en España, unha trintena de centros en Galicia, que o pasado martes fixeron un parón en defensa do sector dos coidados e o "bo facer" dos seus traballadores durante a crise sanitaria xerada polo Covid19.

En Galicia, a residencia que xestiona DomusVi en Outeiro de Rei, en Lugo, é unha das dúas (xunto á do Incio) que permanecen intervidas pola Xunta ao detectarse máis dun centenar de casos de covid-19. Na primeira onda da pandemia do coronavirus, a residencia DomusVi de Santiago, en San Lázaro, foi unha das máis afectadas, así como a DomusVi Barreiro en Vigo e a DomusVi Aldán, en Cangas.

Interior da residencia de maiores DomusVi de Outeiro de Rei en Lugo, Galicia (España), a 8 de setembro de 2020.. Carlos Castro - Europa Press
Interior da residencia de maiores DomusVi de Outeiro de Rei en Lugo, Galicia (España), a 8 de setembro de 2020.. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta