Feijóo sobre a citación como imputado do exministro Fernández Díaz: "Este é o Estado de Dereito"

Sobre as medidas para facer fronte á COVID en Madrid, o titular do executivo galego di que "previr é moito mellor que lamentar", recalcou Feijóo, quen admitiu que "ás veces custa tomar decisións".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 18/09/2020 | Actualizada ás 15:12

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, vinculou co Estado de Dereito a citación como imputado, a petición da Fiscalía Anticorrupción, ao que fose ministro do Interior no Goberno de Rajoy, Jorge Fernández Díaz.

Fíxoo o xuíz da Audiencia Nacional Manuel García Castelló pola denominada peza 'Kitchen', do caso 'Tándem', na que se investiga o operativo que se sufragou con fondos reservados e cuxo obxectivo era substraer información sensible do PP ao que fose o seu tesoureiro, Luís Bárcenas, co obxectivo de ocultarlla á xustiza.

A preguntas dos xornalistas, tras asistir á apertura do Ano Xudicial en Galicia, Feijóo manifestou que "se o xuíz ou calquera autoridade xudicial considera que unha persoa debe declarar, chámana a declarar e declarará".

"Este é o Estado de Dereito e nós defendemos o Estado de Dereito, non imos criticalo nin dicir que é unha persecución de fiscais e xuíces a un partido político". "Iso deixámosllo a partidos que están no goberno", dixo en referencia a Podemos. "Se se chama a declarar a calquera militante ou exdirixente do PP irá declarar", sentenciou.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, durante o acto oficial de apertura do ano xudicial na sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). Pool
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, durante o acto oficial de apertura do ano xudicial na sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). Pool | Fonte: Europa Press

"PREVIR É MELLOR QUE LAMENTAR"

Núñez Feijóo, defendeu que "previr é moito que mellor que lamentar", ao ser preguntado se coincide co presidente da Generalitat, Quim Torra, en que os confinamentos na Comunidade de Madrid son "absolutamente inevitables".

A preguntas dos xornalistas, Feijóo manifestou descoñecer as declaracións realizadas a este respecto polo presidente catalán.

No entanto, defendeu as actuacións feitas en Galicia, en base aos "criterios dun comité clínico que funciona" e que, entre outras medidas, acordou restricións de municipios e mesmo de barrios en cidades. "É efectivo e en Galicia está dado resultado", expuxo Feijóo quen se remitiu ás cifras do últimos sete e catorce días nesta comunidade autónoma.

"Previr é moito mellor que lamentar", recalcou Feijóo, quen admitiu que "ás veces custa tomar decisións". No entanto, incidiu en que a restrición de aforamentos ou de número de persoas que poden coincidir nunha celebración ou terraza "é máis eficiente que esperar ata o final".

LEI SANITARIA

Por outra banda, o presidente da Xunta ha volvo a reclamar ao Goberno unha lei sanitaria para evitar "ter que xudicializar cada unha das decisións das autoridade sanitarias" nesta materia.

"Agora que empeza o momento complicado, con baixada de temperaturas, enfermidades respiratorias e maior afluencia no transporte", citou como argumentos para insistir na necesidade dunha lei orgánica que facilite "a xestión" da pandemia e as medidas que teñan que adoptar as comunidades autónomas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta