O Concello de Vilagarcía pecha ata o luns tras detectar varios casos positivos de Covid-19

O goberno local decidiu pechar as súas portas ao público por precaución.

Por Europa Press / Redacción | Vilagarcía de Arousa | 18/09/2020 | Actualizada ás 14:56

Comparte esta noticia

O Concello de Vilagarcía de Arousa informou de que pecha a atención ao público ata o luns "por precaución" despois de facer probas serolóxicas da covid-19 a todo o persoal.

Dúas sanitarias preparan probas PCR
Dúas sanitarias preparan probas PCR | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

O goberno local decidiu pechar as súas portas ao público por precaución e, en principio, ata o vindeiro luns, despois de que nas probas realizadas a todo o persoal do Concello nos últimos días detectáronse algúns casos positivos de presenza de anticorpos da covid-19.

Agora, os afectados terán que realizar un test PCR para confirmar ou descartar que sexan portadores do virus.

Remarca o goberno local que en recentes casos, como en Vilaxoán ou Carril, tamén as primeiras probas deron positivas e os PCR confirmaron despois que se trataba de falsos positivos.

En todo caso, "por un principio de prudencia", o Concello seguirá pechado.

O goberno local lamenta os inconvenientes que este peche temporal pode causar á cidadanía, pero apela á comprensión para evitar calquera posibilidade de contaxio. Por outra banda, os veciños teñen a súa disposición á atención telefónica e telemática a través da sede electrónica.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta