Ceuta pide á Coruña a estatua de Millán-Astray que retirou das súas rúas pola Lei da Memoria Histórica

Foi retirada en 2010 polo Consistorio galego da praza rebautizada en 2015 como das Atochas.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 18/09/2020 | Actualizada ás 18:53

Comparte esta noticia

O Goberno de Ceuta que preside Juan Vivas (PP) solicitou ao Concello da Coruña a "cesión" da estatua do fundador da Lexión, José Millán-Astray, que foi retirada en 2010 polo Consistorio galego da praza do mesmo nome [rebautizada en 2015 como das Atochas] en aplicación da Lei da Memoria Histórica.

Foto de arquivo
Foto de arquivo | Fonte: Europa Press

O portavoz do Executivo local, Alberto Gaitán, explicou este venres que esa é unha das iniciativas que se adoptaron para "dar realce" á conmemoración do centenario da fundación da forza militar, que se celebrará este domingo, 20 de setembro, aínda que os seus actos principais tiveron que ser aprazados pola pandemia do coronavirus.

Gaitán non concretou que uso pretende darlle a Cidade Autónoma á efixie do golpista e avanzou que se acordaría "coa Comandancia Xeral de Ceuta".

Esta semana instaláronse bandeirolas e carteis co lema 'Ceuta e A Lexión, cen anos de unión' no Palacio autonómico, o Conxunto Monumental das Murallas Reais e o Auditorio do Revellín. Ademais, este sábado instalarase unha placa no centro da cidade autónoma, onde estaba o Cuartel do Rei no que en 1920 alistouse o primeiro lexionario.

Por riba, a melodía de 'O Noivo da Morte' acompañará este fin de semana cada hora o son das campás do reloxo da sede da Administración autonómica.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

1 nostrus

Nadie es 100 % malo ni nadie es 100 % bueno, pero es cierto que Millan Astray participó en el golpe pero de un modo muy secundario y a una persona hay que juzgarla por el conjunto, no por un solo hecho. De todos modos, tambien hay estatuas y calles dedicadas a personajes nefastos que su comportamiento distó de ser democrático como el Che, Largo Caballero, Companys.

1 Sentidiño

Cánta razón tes! Viva la muerte! Pero millor a dos demáis, non a miña!

2 Sentidiño

Nostrus ou voxtrus ou como se chame: é vde un na zi mentireiro. Ciudadanos é a extrema dereita nacionalista española de Catalunya, o Vox de Barcelona. Paseadores e cuneteiros, miserábeis racistas. Está vde baneado do meu mundo. Afogue na súa bile. Nunca máis.

3 nostrus

Si crees que por expresar tu odio y maldad te conviertes en una persona respetable y admirada estas equivocada. Lo que dices de C´s es solo fruto de tus calumnias y lo haces porque no tienes ningún argumento sostenible con que poder demostrar que yo apoyo ningún comportamiento fascitoide. En cambio a ti te caen simpaticos tipejos como Largo Caballero, Companys o el propio Stalin. Probablemente no condenes las hazañas del Che encerrando a la gente en campos de concentracion por ser homosexuales. Desde tu intolerancia te crees mejor que los demás

4 Eu tamen sei facelo

Sentidiño ou como se chame: é vde un "nHa" zi mentireiro. O BNG é a extrema dereita nacionalista , o Falange de Galicia. Paseadores e cuneteiros, miserábeis racistas. Está vde baneado do meu mundo. Afogue na súa bile. Nunca máis.