Detidas cinco persoas na desarticulación dunha banda en Carballo responsable de varios roubos violentos

Por E.P. | Carballo | 19/09/2020 | Actualizada ás 19:59

Comparte esta noticia

A Garda Civil da Coruña detivo a un total de cinco persoas, todas elas con antecedentes criminais, na desarticulación dun grupo radicado en Carballo ao que se lle imputan múltiples roubos con violencia en distintos establecementos públicos.

As actuacións, segundo informa o Instituto Armado, levaron a cabo durante a chamada 'Operación Boltañon', iniciada a principios de xullo ante o repunte de roubos en locais.

As investigacións efectuadas polo Equipo de Patrimonio da Policía Xudicial da Garda Civil da Coruña concluíron que a autoría destes feitos era común e que se podía corresponder cun grupo de individuos residentes en Carballo e con numerosos antecedentes.

No entanto, o radio de actuación da banda "dificultou a obtención de probas que os incriminasen", resalta a Benemérita, posto que chegaban a cometer varios roubos nas provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra nunha mesma noite.

"UNHA GRAN VIOLENCIA"

Nestes episodios, empregaban "unha gran violencia" e os seus obxectivos principais eran máquinas rexistradoras e recreativas, que forzaban con patas de cabra e mazas. Nalgunha das ocasións, chegaron a golpear ao propietario do establecemento cunha pata de cabra, botáronell gas pementa  na cara e ameazárono cunha catana.

O grupo estivo a piques de ser detido o 21 de agosto, cando foi sorprendido pola Garda Civil durante un roubo en Vimianzo. No entanto, os individuos tamén chegaron a empregar a violencia contra os axentes, posto que trataron de arremeter contra estes cun vehículo a gran velocidade.

Ademais, as fugas que realizaban con presenza de diferentes coches policiais producíanse "de maneira temeraria, pondo en risco a todos os usuarios da vía".

Efectos intervidos pola Garda Civil durante a desarticulación dunha banda que cometía roubos.. GARDA CIVIL
Efectos intervidos pola Garda Civil durante a desarticulación dunha banda que cometía roubos.. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta