O PSdeG pide á Xunta que abra un expediente de reclamación a Abanca polo cobro de "comisións abusivas"

Os socialistas cren que Consumo debe velar "de oficio" contra a entidade bancaria.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/09/2020 | Actualizada ás 19:06

Comparte esta noticia

O Grupo Socialista no Parlamento de Galicia demandou á Xunta que abra un expediente de reclamación contra a entidade financeira Abanca polo cobro de "comisións abusivas".

Os socialistas rexistraron unha serie de iniciativas parlamentarias nas que solicitan ao Goberno galego que exerza as súas competencias e empregue o Instituto Galego de Consumo para instar o banco a retirar as comisións, xustificadas pola entidade como importes por xestión e mantemento de contas que ascienderon a 50 euros semestrais desde xuño de 2020.

Nun comunicado, o deputado Juan Carlos Francisco puxo o acento en que Consumo debe velar "de oficio" por que as entidades bancarias eliminen dos seus contratos as "cláusulas abusivas" que, neste caso, "súmanse á imposición" dunha "fila" de condicións decretadas "de forma uliteral nos contratos de préstamo hipotecario".

Así as cousas, demandou que a Xunta exerza as súas competencias para controlar este tipo de prácticas, que son "impostas de forma unilateral", "sen fiscalización por parte do Banco de España" e "alleas a calquera proceso de negociación cos clientes". Precisamente, o Banco de España rexeitaba a reclamación dunha usuaria que presentou 124.000 asinaturas en contra destas comisións.

Logo de Abanca. ABANCA
Logo de Abanca. ABANCA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Moi ben falado, pero poden comezar coa PassVigo que é propiedade do Concello de Vigo e sen esta tarxeta non podes pagar o Vitrasa ! Abanca cobra 1,95 € por recargar a tarxeta PassVigo ! (O invento de Abel Caballarero o pagamos nós!) https://twitter.com/00Gamela/status...