Comeza o curso con máis incertezas da historia universitaria

Novos modelos de docencia presencial e telemática, medidas de seguridade e hixinene nunca antes vistas e protocolos que poden cambiar en función da situación epidemiolóxica. Todo é o que pode non ser.

Por Sara Gil | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/09/2020 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Comeza o curso universitario, e con el a gran afluencia de estudantes que chegan a Santiago de Compostela cada ano en setembro. Mais, este ano é diferente por mor da Covid-19. E as tres universidades tiveron que apresurarse a facer protocolos que non ultimaron ata hai uns días. .

Unha das aulas baleiras da facultade de Estatística da Universidade Complutense de Madrid. Eduardo Parra - Europa Press
Unha das aulas baleiras da facultade de Estatística da Universidade Complutense de Madrid. Eduardo Parra - Europa Press

E entre as medidas establecidas, tanto pola Universidade de Santiago, como pola da Coruña ou a de Vigo, está a posibilidade de optar pola presencialidade ou non. Polo tanto, a maioría dos estudantes, como cada ano, decidiron acudir a inmobiliaria para atopar vivendas para este vindeiro curso 2020/2021 que acaba de comezar.  

CLASES TELEMÁTICAS E SEMIPRESENCIALIDADE 

Porén, a situación non foi como se esperaba. Moitos deles, co contrato do piso asinado, foron informados de que este curso ían ter moitas clases telemáticas, como é o caso da Facultade de Medicina, o centro con máis alumnos da USC. 

Un alumno de Medicina procedente de La Línea de la Concepción queixase de como se desenvolveron os acontecementos. “Eu, este curso, polo de agora, quedarei na casa cos meus pais, será un curso moi raro", destaca.  

Incluso alumnos que viven na propia Galicia quedarán nas súas casas, pagando unha matrícula con carácter “presencial” que, din, non ofrece todo o que debería. Pero, as circunstancias provocadas pola Covid son as que son e as dificultades son tanto para alumnos, como para docentes, como para a propia institución académica xa que a situación cambia cada día en función da situación epidemiolóxica.

Por outra banda, plan de modelo mixto ou semipresencialidade dalgunha facultades, como é o caso da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, contémplase como unha boa opción no caso das materias nas que non se poidan cumprir as medidas de distancia de seguridade.

DIFICULTADES

Non só os alumnos sobren dificultades neste inicio de curso universitario. Tamén os docentes, que, en moitos casos, teñen que adaptarse a unha situación que non saben canto vai durar. A maior parte deles son partidarios da presencialidade, pero tamén están adaptados ás clases telémáticas. De feito, todas as clases terán que ser subidas a plataformas web para que poidan ser seguidas polos alumnos que preferiron quedar na casa. 

"É o inicio de curso escolar máis raro que teña vivido. Penso que, aínda que tardaron, a maior parte das facultades están xa preparadas para afrontar esta nova normalidade. Pero o problema non é ter protocolos e novas formas de docencia, senón a evolución da crise sanitaria", apunta un docente da USC. "Se hai gromos nun centro, a situación pode cambiar completamente", asegura. 

De feito, a posibilidade de peche de centros universitarios é real, pero todos o ben como unha grave complicación para manter un correcto ritmo docente, especialmente, naquelas carreiras con moita carga práctica.  

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta